Hai xente que se pasa media xornada, ou máis, apalpando petos ou bolos á procura do móbil, con independencia de que estea a soar. O caso é saber que está aí. Isto é algo que podemos ver case todos os días, e é ben probable que nós mesmos tamén o fagamos. O que non sabiamos é que hai quen lle puxo cifra á cantidade de persoas que teñen terror a ficar sen aparello. Segundo conta Symantec e reflicten medios como El Progreso, a taxa de usuarios aqueixados deste medo é do 43%. As razóns disto están máis nos datos aos que dá acubillo cada aparello que na calidade mesma do aparello, aínda que isto tamén inflúe.
Segundo apuntan os enquisados, entre eses datos polos que máis se teme están sen dúbida os relativos aos contactos (97%), seguido de seguido de contrasinais (45%) e datos bancarios (21%). A maiores, tamén se indica que unha de cada cinco persoas foi obxecto dunha tentativa de roubo ao seu móbil, ou dun uso non consentido.
Medra a porcentaxe de xente que sente pánico a perder o móbil
Compartir Este Artigo
