
Este novo dispositivo ten unha pantalla táctil cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador WM650 a 600 MHz, 256 Mb de RAM, funciona con Android 2.2 con soporte de Flash Player 10.1, ten unha cámara de 2 Mpíxeles, Wi-Fi e mesmo 2 portos USB 2.0 o que permite, entre outras cousas, a conexión dun modem USB 3G para conectarse á Rede a través da banda larga móbil.
Mide 19,5 x 11,5 x 0,7 centímetros, pesa 310 gramos e véndese cun lapis táctil, auriculares estéreo e unha funda de transporte que fai tamén de teclado externo. Temos así un dispositivo que facilita o uso da Internet en mobilidade, pero que tamén pode empregarse para xogar ou mesmo como lector de libros electrónicos.
Blusens estrea un tablet con pantalla de 7 polgadas e Android 2.2
Compartir Este Artigo

