A vindeira semana, o xoves 1 e o venres 2 de decembro, celebrarase na Casa das Campás de Pontevedra o encontro Digitalis, un evento que, como o seu propio nome indica, vai dirixido facer debate e coñecemento arredor dunhas ferramentas, as redes dixitais, que, precisamente, xeran cada día máis debate e coñecemento. A xuntanza, que será libre e de balde, celebrarase nas dúas xornadas en horario de 9.00 a 19.00 horas baixo o seguinte epígrafe: Encontro sobre redes sociais, comunicación e educación 2.0.
O encontro conta con Isabel Suárez Castaño en labores de directora e dará acubillo a relatorios e obradoiros sobre temas de especial actualidade, como a influencia das redes sociais no rumbo político e social do mundo, instrumentos que malia vir da man de todo tipo de empresas á procura de beneficio, están a amosar un gran potencial na procura de meirande xustiza social e democracia.
A Casa das Campás acolle os días 1 e 2 un encontro sobre redes sociais e educación
Compartir Este Artigo
