O tecido empresarial galego interesado en obter solucións máis eficaces para a súa xestión de residuos, poden asistir mañá xoves, 24 de novembro, a unha Xornada Demostradora que acolle o Centro Demostrador TIC de Galicia, na que se mostrarán diversas solucións tecnolóxicas que contribúen a reducir o impacto negativo que ocasionan no medio ambiente os residuos xerados pola súa actividade.
A Xornada, que se celebrará en horario de 10:00 a 13:30, fará un percorrido por distintas solucións TIC que permiten incrementar a eficacia en materia do tratamento do lixo das empresas e entidades asistentes, así como un sistema de destrución segura de documentación certificada e un de reciclaxe selectiva de CDs e DVDs.
Máis polo miúdo, a primeira das ferramentas, por certo de orixe galega, permite a xestión integral da cadea de valor no control de residuos xerados por produtores, recolledores, transportistas, xestores de residuos, administracións… de maneira que poidan aproveitar as súas vantaxes de forma eficiente.
A xornada vai dirixida aos profesionais da Comunidade independentemente do sector produtivo no que desempeñen o seu traballo, tanto do ámbito público como privado.
A asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC.
Mañá celébrase no CDT unha xornada demostradora de solucións tecnolóxicas para a xestión do lixo
Compartir Este Artigo

