Aqueles que pensaban que o traballo nas oficinas non achega riscos laborais serios e que as baixas máis habituais soen collerse nas obras e nos traballos que requiren forza física, deben saber que, segundo a última enquisa do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), as dores lumbares e cervicais son o problema de saúde crónico máis frecuentes no noso Estado, ao afectarlle a 9,8 millóns de españois maiores de 16 anos.
Esta cifra viuse incrementada nos últimos anos pola inclusión do ordenador nas oficinas, pois este dispositivo está detrás do 30% dos casos de problemas de costas.
E é que en España, sete de cada dez persoas sofre dores musculares no traballo (un 74,2% dos traballadores) e entre eles, as dores de costas son os máis acusados, sobre todo os localizados na zona lumbar, a dorsal e a cervical, nun 27% dos casos.
Ademais, neste último estudo de Nielsen España publicado no pasado mes de novembro, ponse de manifesto que o 50% dos españois sufriron dores de costas no último ano, provocados, segundo a Sociedade Española de Reumatoloxía, polo “sedentarismo, a obesidade, as sobrecargas excesivas e a ausencia de exercicio regular”, factores que inflúen en que os mozos padezan dores de costas na idade adulta.
O ordenador, causa directa do 30% das baixas laborais por dores lumbares
Compartir Este Artigo

