
A Xornada de Seguridade vén da man da Asociación Geiser e desenvólvese co obxectivo de pór en contacto coa protección do coñecemento a “todas aquelas persoas que nalgún intre poidan ser susceptibles de estar loitando, dende o punto de vista técnico, con algún problema relativo á seguridade ou ao roubo da información”. Profesionais do sector como por exemplo José Antonio Pizarro Bedoya (responsable da Unidade de Seguridade da Área TIC da Universidade de Santiago) ou Javier Berciano (coordinador de servizos reactivos e operacións do INTECO-CERT) abordarán as súas respectivas experiencias no seu día a día de conseguir que o coñecemento privado de cada estea nas mans de cada quen e vaia dar, unicamente, a quen se desexe dar.
O horario das actividades será o seguinte:
10:00-10:30: Apertura
10:30-11:15: Funcións e Arquitectura de seguridade na USC (Jose Antonio Pizarro Bedoya)
11:30-14:00: Obradoiro: Flu e outras rapazas comúns (Flu Project)
16:00-17:30: Xestión de incidentes nun CERT, aproximación técnica (Javier Berciano Alonso e José Valentín Gutiérrez Boquete)
17:30-19:00: Delitos na rede. Anatomía dunha extorsión. Introdución á Análise Forense Informática (Pedro Sánchez Cordero)
Santiago acolle o día 15 unha xornada para axudarnos a protexer os datos das mans alleas
Compartir Este Artigo
