
Google Maps funciona en dispositivos con Android 2.1 ou superior, e como ao movernos na rúa, o sistema tamén intentará localizarnos dentro dos interiores (aínda que con pouca precisión) intentando incluso calcular o andar no que estamos en cada momento, para amosarnos o plano axeitado. Queda agora que se incremente o número de edificios de acceso público que están dispoñibles a través desta solución que agradecerán os viaxeiros e os habituais de grandes superficies comerciais, limitándose polo momento a unhas poucas cadeas de tendas (IKEA, Macy’s, Bloomingdale’s, The Home Depot…), aeroportos (ATL, ORD, SFO e NRT entre outros) e estacións de transporte de EE.UU. e Xapón.
Exemplo de uso de Googel Maps no interior dun aeroporto
Google quere levar os seus mapas ao interior dos edificios
Compartir Este Artigo

