Acer anuncia un novo tablet, o ICONIA TAB A200, que promete se ideal para xogar, ler libros electrónicos, reproducir películas, acceder ás redes sociais… para o que funciona co sistema operativo Android 3.2 que en xaneiro poderase actualizar a Android 4.0, polo que estaría á última no que a software se refire. No tocante ao seu hardware, conta cunha pantalla multi-táctil de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles e un potente procesador nVIDIA Tegra 2 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, un porto USB de tamaño completo, lector de tarxetas microSD, cámara de 2 Mpíxeles e carcasas de cores atractivas (venderase en gris ou vermello).

Cómpre destacar que Acer instala no seu equipo unha capa de personalización da interface de uso chamada Acer Ring, que pretende mellorar a multi-tarefa creando un acceso doado ás aplicacións dende calquera pantalla (solución de software que Acer xa amosara nun tablet con MeeGo que presentara no Computex e que finalmente non verá a luz).
Repaso en vídeo das prestacións do Acer ICONIA TAB A200
Acer presenta un novo tablet con Android
Compartir Este Artigo

