
A finalidade última deste fluxo de coñecemento é incluír os fondos entre os arquivos dixitais da Biblioteca de Galicia para poder fornecerllos en consulta aos investigadores e á cidadanía en xeral a través das novas tecnoloxías da información. Segundo informa Cultura, estamos ante uns arquivos que, ao igual que o restante legado de Penzol, constitúe un patrimonio “único e de valor incalculable” para a literatura galega e para a nosa cultura en xeral. Por esta razón, engade o departamento da Xunta, seguirase a colaborar coa devandita institución para pór ao alcance da man da sociedade galega, a través da dixitalización, os documentos máis salientables da entidade.
Os documentos dixitalizados pertencen integramente ao fondo patrimonial de Fermín Penzol. A este fondo, informa Cultura, fóronse sumando paulatinamente doazóns e legados, salientando pola súa importancia e volume o legado de Ramón Otero Pedrayo. Tamén se poden destacar os de entidades e persoas tales como Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Ediciós do Castro, A Nosa Terra, diversas administracións públicas galegas, Coloquios Galegos de Cristiáns, Francisco Fernández del Riego, Alfonso Zulueta de Haz, Ramón Martínez López, Xaime Isla Couto, Manuel Rodrígues Lapa, Carlos Velo, Ramón Piñeiro López, Xoán Vicente Viqueira, Roberto González Pastoriza, Baldomero Cores Trasmonte, Emilio Soneira Maside, Xesús González Gómez, Xesús Alonso Montero, Estanislao Fernández de la Cigoña.
Os fondos dixitalizados da Fundación Penzol poderanse consultar a través da Biblioteca de Galicia
Compartir Este Artigo
