
Entre as novidades da versión 9.0 do Firefox figuran a incorporación de Type Inference no motor Javascript o que supón unha mellora de velocidade de entre o 20 e o 30%, mellorar o soporte de HTML5, MathML e CSS, arranxar numerosos problemas de estabilidade, engadir o soporte da propiedade CSS font-stretch e mellorar a súa integración con Mac OS X 10.7 Lion (como soportar xestos con 2 dedos para navegar entre as páxinas anterior e seguinte).
Xa podemos descargar o Firefox 9.0 en galego
Compartir Este Artigo

