
Precisamente, na sinatura do convenio entre ámbalas dúas actividades participou o galego Fernando Suárez, en calidade de presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e de vicepresidente do devandito Consello Xeral, o CCII. Amais, tamén fixo acto de presenza o presidente do Consello, Jacinto Canales. O CCII asume os seguintes compromisos a través deste acordo:
· Difundir e promover as iniciativas que a Axencia leve a cabo en materia de protección de datos de carácter persoal.
· Participar na divulgación, posta en marcha e desenvolvemento de conferencias, congresos, cursos, seminarios, xornadas e encontros que organice a AEPD sobre temas como o dereito fundamental á protección de datos, previa petición da Axencia e que sexan de interese para o Consello Xeral.
· Propoñerlle á AEPD os colexiados a intervir na realización das actividades en execución do convenio.
· Permitirlle á Axencia o emprego e distribución de artigos, manuais, guías, recomendacións, proxectos de investigación ou outros medios materiais elaborados polo CCII, previa a súa autorización e con expresa mención da súa autoría, nas actividades de formación ou difusión de protección de datos de carácter persoal.
Os enxeñeiros en Informática bríndanlle á AEPD o seu apoio na protección dos datos persoais
Compartir Este Artigo
