Unha das principais carencias que algúns critican dos móbiles con Windows Phone 7.5 como o Nokia Lumia 800 é que moitas das aplicacións de referencia para smartphones aínda non están suficientemente maduras, e un dos típicos exemplos era a ferramenta de mensaxería WhatsApp, que era sumamente básica, e que agora chega á versión 1.5.0, permitindo por fin a creación e modificación de grupos de chat, así como optimizando a realización de certas funcións (como a posibilidade de borrar longas conversas ou a axilización da creación de favoritos).
Con esta actualización temos que o WhatsApp para Windows Phone está cada vez máis preto das aplicacións para iOS e Android, o que supón toda unha garantía para os usuarios de terminais co sistema operativo de Microsoft, que comeza a contar coa confianza de distintos desenvolvedores que ven como esta plataforma está a gañar peso (en boa medida pola familia de terminais Nokia Lumia).
WhatsApp para Windows Phone incorpora conversas en grupo
Compartir Este Artigo

