
O director da EGAP destacou que uns dos obxectivos que se pretende acadar con esta nova páxina web é fomentar a participación dos usuarios a través da presenza da Escola nas principais redes sociais, facilitando o intercambio de información e a difusión dos materiais dispoñibles. A nova páxina web da EGAP permitirá un maior acceso á información da Escola e ao material multimedia xerado a partir das actividades organizadas; ademais dunha maior interactividade a través de ferramentas que aumentan a participación dos usuarios.
Así, a Escola Galega de Administración Pública segue a consolidarse como centro de referencia da formación continua dos empregados das Administracións galegas, e como centro oficial de docencia, investigación e divulgación que está ao servizo de case 50.000 empregados públicos na comunidade galega.
Pablo Figueroa fixo especial fincapé nos temarios que publica a Escola na súa páxina web, cumprindo así co compromiso adquirido de elaborar uns textos de referencia e poñelos a disposición da sociedade de xeito gratuíto, tanto en galego coma en castelán. Deste xeito, a Escola contribúe a garantir o principio de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público. Dende o comezo das publicacións na páxina web da Escola, estes temarios acumularon un total de 130.000 descargas e 84.000 usuarios únicos.
A EGAP permite o acceso ao seu material formativo e informativo á cidadanía dende a súa nova páxina web
Compartir Este Artigo
