A cadea galega de restaurantes Cambalache, especializada en comida italo-arxentina dende hai preto de 30 anos, vén de crear unha aplicación de seu para Facebook (dispoñible na súa páxina habitual), que permite acceder a unha peculiar ruleta na que se sortean exquisitos “agasallos” de elaboración propia.
Trátase dunha ruleta virtual onde as persoas usuarias que se fagan seguidores serán obsequiadas cada día con ata 10 empanadillas de balde, segundo o que saquen no casilleiro da ruleta.
Neste peculiar concurso, que reparte os premios de xeito aleatorio, pódese participar diariamente, coa vantaxe de que os cupóns premiados pódense canxear nos restaurantes sen necesidade de consumir nada a maiores, e tan só presentando o código único descargado.
Con esta iniciativa a cadea de Pizzerías Cambalache pretende consolidarse nas redes sociais, mostrando, segundo afirman, “interese e preocupación polos clientes”, e de paso dando mostra do seu bo facer no tocante á gastronomía italo-arxentina de elaboración caseira.
A galega Cambalache crea unha ruleta virtual en Facebook con premios culinarios
Compartir Este Artigo

