No CES de Las Vegas non só se están a ver os últimos televisores, novos tablets e teléfonos móbiles, senón tamén produtos curiosos como o Feedair, unha pequena pantalla de díodos LED que pretende chegar ás tendas no mes de marzo a un prezo duns 50 dólares e que amosar mensaxes a través de fluxos RSS, de xeito que podería presentar dende correos electrónicos ata tweets.
O control deste trebello realízase a través dunha aplicación para iOS ou Android, e o seu formato convérteo nun accesorio que pode figurar nun escritorio como un pisapapeis, polo que tamén pode resultar práctico para recibir comunicacións dun xeito relativamente discreto.
Feedair, un orixinal display LED con Wi-Fi
Compartir Este Artigo

