Toshiba levou ao CES de Las Vegas as súas últimas cámaras de vídeo de consumo, que parecen estar a conseguir destacar grazas ás súas prestacións avanzadas e prezos competitivos, de xeito que a Toshiba Camileo Z100 podemos gravar vídeo estereoscópico en alta definición (1.080p) facendo uso dunha pantalla 3D sen lentes de 2,8 polgadas, o que agradecerán os que conten cun televisor 3D e queiran aproveitalo para ver os seus vídeos domésticos. O grande atractivo desta cámara está no seu prezo de só 219 dólares (172,35 euros).
Pero entre as cámaras de vídeo compactas tamén hai espazo para a innovación, e Toshiba amosou a súa Camileo Air10, que por 149 dólares (117,26 euros) non só permite gravar vídeo a 1.080p, senón que pode aproveitar unha conexión Wi-Fi para servir este sinal en directo a través de servizos coma Ustream, polo que é unha interesante solución para realizar retransmisións de eventos a través da Rede. Estará dispoñible en febreiro.
Toshiba mellora as súas cámaras de vídeo de consumo
Compartir Este Artigo

