A plataforma de microblogging Tumblr, que saltou á fama hai uns anos pola súa versatilidade e dinamismo, segue a medrar a pasos axigantados malia ser verdadeiramente sinxela e ter centos de competidores na Rede.
Unha das claves desta ferramenta, que xa supera os 120 millóns de usuarios e os 15.000 millóns de páxinas vistas ao mes, radica na súa versatilidade e na súa eficacia á hora de subir documentos de audio, vídeo, texto, imaxe ou ligazóns, entre outras cousas, á Rede, de feito é unha das poucas que permite inserir 7 tipos de contidos distintos.
Tumblr, que remonta a súa orixe ao 2007, comezou a facerse “famosa” non hai máis de dous anos, e no último terzo de 2011 sabíase que xa servía máis páxinas que a propia Wikipedia, e incluso superaba o tráfico de WordPress.com.
Estes datos foron revelados na Digital Life Design, unha conferencia na que participou David Karp, CEO de Tumblr, quen citaba a súa “sinxeleza e facilidade á hora de publicar de xeito inmediato calquera contido”, como unhas das chaves do éxito da ferramenta.
Os dous novos récords acadados tamén se deben a que cada contido re-publícase ata 9 veces, axudando a distribuír ideas e contidos, non só a través dos tumblrs senón a través doutras canles como Twitter, Facebook ou o propio feed RSS.
Tumblr supera os 120 millóns de usuarios na Rede
Compartir Este Artigo

