A Neo-Geo foi unha das plataformas de máis éxito nos salóns recreativos a finais dos anos 80 e primeiros dos 90, regalándonos con auténticos clásicos que van dende a franquía de xogos de loita King of Fighters ata o incombustible Puzzle Bobble (xogo que moitos recoñecerán por contar cunha máquina recreativa no Bar Suízo da serie televisiva Pratos Combinados), e agora quere retornar como consola portátil licenciada por SNK, presentando unha aparencia que incluso podiamos confundir cun iPhone 4.

Concretamente os xogos que incluirá esta consola ideal para nostálxicos son os que seguen: World Heroes, Ultimate 11, Top Player”s Golf, Sengoku, Nam-1975, Mutation Nation, Last Resort, King of Monsters, Frenzy, Cyber Lip, Fatal Fury Special, Art of Fighting, Super Sidekicks, League Bowling, Metal Slug, Magical Lord, Baseball Stars Professional, Samurai Shodown, King of Fighters ”94 e Fatal Fury.
Polo momento non hai información oficial sobre este produto, descoñecéndose a súa data de lanzamento e o prezo de venda que terá, aínda que presumiblemente sería axustado, pois xa hai consolas portátiles de fabricación chinesa capaces de facer funcionar os xogos de Neo-Geo mediante emulación.
A Neo-Geo volve como consola portátil
Compartir Este Artigo

