A desaparición de publicacións en galego nos quioscos parece que vai camiño de compensarse na Rede, e así como o vindeiro 1 de febreiro veremos o nacemento de Praza Pública, agora sabemos de que un novo medio de comunicación dixital en galego coñecido coma Dioivo está a ultimar o seu lanzamento.
Dioivo funcionará baixo a forma dunha asociación cultural (financiada a través de cotas de socios dun mínimo de 20 euros/ano) e pretende achegar reportaxes, crónicas, entrevistas, blogs, humor gráfico, vídeo, opinión… e polo momento non se coñece a data na que este proxecto verá a luz, aínda que si está vivo na Rede a través dunha serie de vídeos promocionais:
Preparan o lanzamento dun novo medio de comunicación dixital en galego
Compartir Este Artigo
