
Na cita, por certo, informouse tamén dos obxectivos da empresa en relación á dita iniciativa de eficacia TIC: lograr que en 2015 os ingresos dos proxectos acubillados en Planeta Máis Intelixente cheguen aos 10.000 millóns de dólares.
Estes son os piares que definen a estratexia:
· Gran capacidade para almacenar enormes cantidades de datos.
· Gran capacidade analítica de hardware e software para permitir a transformación deses datos en coñecemento de valor para as empresas e as administracións.
· Velocidade extrema dos sistemas para analizar a información e extraer conclusións dela.
Segundo fixo saber o presidente de IBM España, a aposta da multinacional a prol da innovación é o alicerce que lle permite progresar cara a novas propostas tecnolóxicas rendibles e sustentables. Neste senso, lembrou que IBM inviste cada ano uns 6.000 millóns de dólares en investigación e innovación, ten o récord de rexistro de patentes en Estados Unidos por dezanove anos consecutivos (6.180 patentes o ano pasado, sen ir máis lonxe).
Un dos grandes obxectivos de Planeta Máis Intelixente, como dixemos, é achegarlles ás empresas os mellores recursos para xestionar o mellor posible a información. Cómpre ter en conta, sinala IBM, que cada día xérase unha cantidade nova de datos equivalente a multiplicar por oito todo o contido existente nas bibliotecas de EE UU. “Cos recursos tecnolóxicos axeitados”, engádese, “é posible sacar á superficie todo o coñecemento que se agocha tralos grandes volumes de datos; as empresas son conscientes disto cada día máis, e isto demóstrase nun estudo de IBM que afirma que o número de compañías que emprega ferramentas de análises de negocio e mercado para crear vantaxes no eido da competitividade incrementouse nun 57%”.
Volvendo a Planeta Máis Intelixente, sinalar que a visión deste programa colle corpo en proxectos con empresas de practicamente tódolos sectores económicos, explicou Juan Zufiria, que salientou que en 2007 lanzáronse solucións tecnolóxicas para o comercio, ligadas a Planeta Máis Intelixente, que contempla a oferta de produtos e servizos TIC de IBM destinados ao sector da distribución.
Os ingresos da estratexia Smarter Planet de IBM medraron en 2011 un 47%
Compartir Este Artigo
