
A preinscrición, informa a USC, poderá formalizarse ata o día 1 de marzo, abríndose a continuación o período de matrícula que se estenderá ata o día 19 dese mesmo mes.
O curso capacitará ao alumnado na análise e discusión de casos de planeamento estratéxico e mercadotecnica territorial dende unha perspectiva internacional, na aplicación destas metodoloxías en municipios en concreto á vez que posibilitará o estudo do impacto das telecomunicacións no desenvolvemento económico rexional. “Esta variante do marketing”, informa o grupo Gis-T, “bota mans das novas tecnoloxías da información, a telemática e as metodoloxías das ciencias xeográficas, económicas e da administración e dirección de empresas, co obxecto de constituír proxectos de desenvolvemento en beneficio da sociedade”.
O grupo Gis-T abre a preinscrición para o seu curso de promoción territorial e telecomunicacións
Compartir Este Artigo
