
O concurso está aberto a medios, axencias, entidades promotoras ou calquera outro axente que promova ou difunda anuncios ou cuñas publicitarias, os cales poden presentar pezas transmitidas nos devanditos medios integramente en galego durante o pasado ano.
No apartado dedicado a Internet, os traballos deben achegar contido multimedia, e seren difundidos no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011.
Cada anuncio presentado a concurso deberá ir acompañado dunha Certificación das datas de emisión, e no caso de Internet, a copia da peza deberá acompañarse do enderezo completo da web na que se inseriu.
Os reclamos publicitarios serán admitidos no Rexistro do Consello Asesor ata o vindeiro 31 de marzo de 2012 e no envío deberase sinalar que son pezas para participar nos XIX Premios de Publicidade en galego 2011.
O premio para cada unha das devanditas modalidades consistirá nunha peza de arte galego que se lle entregará ás empresas anunciantes, e a maiores, as axencias de publicidade, autoras dos anuncios premiados, recibirán unha placa conmemorativa.
O xurado, formado por membros do Consello Asesor, valorará a singularidade da produción, a calidade lingüística oral e escrita e o contido multimedia para os traballos emitidos na Rede.
Convocados os XIX Premios de publicidade en galego, cun apartado dedicado a Internet
Compartir Este Artigo

