O membros do Mac Developer Program poden acceder xa a unha versión previa da nova versión do sistema operativo para os ordenadores de Apple, o OS X 10.8 que terá como alcume Mountain Lion, e que comercializarase a partir de finais do verán a través da Mac App Store.
Entre as novidades de Mountain Lion estaría a substitución da aplicación de mensaxería iChat por Messages (facilitando a comunicación con outro Mac ou dispositivos con iOS, e da que xa está dispoñible unha versión de proba) e incorpora tamén as aplicacións Notes, Reminders e Game Center, así como o Notification Center, Share Sheets, GateKeeper (un sistema de seguridade do sistema), AirPlay Mirroring e integración con Twitter, no que podiamos considerar unha aproximación ao sistema operativo móbil da compañía e, de feito, iso nótase incluso no nome, que pasa de Mac OS X a simplemente OS X (¿adeus a Mac como marca?). As actualizacións do sistema tamén chegarán a través da App Store (emulando o funcionamento de iOS a tal respecto).

Pero hai unha mellora de Mountain Lion que sorprende tanto como o seu anuncio sen previo aviso, como é o mencionado AirPlay Mirroring, que colle a función presente no iPad que permitía levar as imaxes na pantalla do dispositivo ao televisión do salón a través dun Apple TV e lévaa aos ordenadores, de xeito que facilitarase a realización de presentacións multimedia sen fíos ou incluso a reprodución de películas en alta definición (720p) no ordenador para velas no televisor. Esta funcionalidade podería indicar unha próxima actualización do Apple TV para soportar resolucións de 1.080p e poder así aproveitar aínda máis funcionalidades como o mirroring sen fíos, á vez que facilitaría a comercialización de contidos Full HD a través de iTunes.
Repaso en vídeo das novidades de OS X 10.8
Apple actualizará Mac OS X no verán
Compartir Este Artigo

