
A través do mapa en cuestión, ademais, achégase a gravación, a letra e máis a partitura de tódalas pezas reunidas. Como dixemos, o traballo dispoñible na Rede vén de antigo: trátase da adaptación á Internet do labor de documentación realizado por Mini e Mero, publicado no seu día en dous volumes con CDs co título Cantos, coplas e romances de cego e que agora está dispoñible de xeito íntegro na devandita web. Segundo se recolle na web do Consello da Cultura Galega, a temática é do máis variada, mais salientan, de entre tódolos cantos, os acontecementos senlleiros ou a narración de historias de amor estragadas.
A web, que conta co apoio da axencia AGADIC, amais de permitirnos manter unha xanela aberta a esta parte da nosa cultura popular, en claro risco de esquecemento, tamén nos deixa marxe para botar unha man no seu labor de preservación. De feito, os interesados en contribuír á recuperación tamén poden achegar as súas propias recolleitas ao sito en liña O Canto do Pobo.
O Canto do Pobo: proxecto web para divulgar e preservar os nosos cantos de cego
Compartir Este Artigo
