Existe un nicho de mercado moi importante de usuarios que, principalmente, queren teléfonos móbiles sinxelos, cun deseño que facilite o seu uso principalmente por parte de xente maior, e para atender a iso temos agora o Alcatel One Touch 282, que é un terminal de dobre banda, con pantalla TFT de 1,8 polgadas cunha resolución de 160 x 128 píxeles (con letras de grande tamaño), lanterna, sintonizador de radio FM, tecla de bloqueo, botón de emerxencia, gravadora de voz (para rexistrar recordatorios) e modo de mans libres.
Este móbil chegará a España en varias cores (branco, marrón e negro azulado) a prezos que parten dos 29 euros.
Alcatel achegará un novo móbil sinxelo
Compartir Este Artigo

