Actualmente Bing Vision xa recoñece numerosos produtosO recoñecemento de imaxes en teléfonos móbiles está a tomar cada vez máis peso e abre novas oportunidades, e así ao igual que distintos servizos para Android e iOS recoñecen códigos de barras de produtos, códigos QR con acceso a contidos en liña ou incluso portadas de discos, películas e libros, en Windows Phone queren levar a experiencia máis aló a través de Bing Vision, ferramenta que xa recoñece códigos de barras, libros, discos en CD e películas en DVD para permitirnos visitar de xeito rápido un comparador de prezos en liña (o que resulta de grande utilidade durante as nosas compras) e que a partir de marzo contará cunha prestación moi interesante: identificación de imaxes dos xornais. Deste xeito, cando teñamos unha revista ou un xornal diante, poderemos enfogar a un artigo coa cámara do móbil, para que sexa identificado e asociado á súa versión en liña, polo que un artigo impreso funcionaría como unha ligazón á súa versión dixital, facilitando compartir os seus contidos na Rede. Para este proxecto contarán inicialmente con máis de 3.000 publicacións de todo o mundo.