
O éxito deste produto é tal que tras o seu lanzamento esgotáronse as existencias, polo que tiveron que tomar medidas para poder atender a elevada demanda deste tipo de produtos máis económicos e versátiles que o tablet de Apple. Dende a galega Openinnova están a contribuír a este éxito achegando o dispositivo debidamente optimizado, e os mencionados Carracelas, Lago e Vázquez agrupados como APPSolut Webs pretenden alimentar o produto cun amplo abano de aplicacións móbiles a través dun proxecto coñecido como 2App, que permitirá a persoas físicas e PEME crear as súas aplicacións de seu dun xeito sinxelo, intuitivo e de balde.
Pero este emprendemento galego parece que non podía chegar nun mellor momento, pois o tablet con pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, procesador a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb, Wi-Fi N, 2 cámaras de 2 Mpíxeles, altofalantes estéreo e batería de 8.000 mAh (que permitiría escoitar música durante 10 horas ou navegar pola web 5) vén de anunciar que adiante a moitos dos seus competidores ao mudar o seu sistema operativo Android 2.3 a Android 4.0.3 (actualización de balde para quen xa teña un U97, e que incluirase xa nos equipos novos).
O tablet español U97 actualízase a Android 4.0.3
Compartir Este Artigo
