
Detrás deste proxecto, como se dixo, atópase un grupo de xornalistas galegos unidos baixo a arela común de seguir mantendo acesa, e viva, a información na nosa lingua, desta volta no plano dixital, que é, en definitiva, onde moitos sitúan o crecemento da comunicación vindeira e o seu eido futuro de actividade natural. A páxina web vén con gañas de facer ruído: “Nace Dioivo para contar e para contrariar”. Este é precisamente o lema do equipo responsable da nova canle, nove promotoras/es unidas/os baixo unha asociación cultural que dá sustento ao proxecto: “Trátase dunha unión temporal de xornalistas para crear con voluntarismo e esforzo propio un espazo, unha revista dixital, que dea un punto de vista diferente da realidade que vivimos“, cóntalle a Praza Pública Marga Tojo, presidenta da Asociación Cultural Dioivo. A web, que se apoia en licenzas abertas Creative Commons e máis nas achegas dos diferentes integrantes da asociación (cada vez máis grande), foi desenvolvida polos seus propios impulsores, co axuda de Pancho Lapeña.
Por certo que o lanzamento da páxina preparado para este mércores coincidirá coa súa estrea en papel. De feito, a Asociación Cultural Dioivo publicará un primeiro número no que amosará o xurdimento e evolución do proxecto. Esta achega especial en papel, que terá un número limitado de exemplares, conta coa colaboración de ilustradores como Gonzalo Vilas, Suso Sanmartín e Roi Fernández.
Esta semana ponse en marcha Dioivo, novo medio dixital galego
Compartir Este Artigo
