Tras unha tibia acollida no Xapón, a PS Vita chegou a semana pasada a Occidente, e este lanzamento case global conseguiu saldarse positivamente, de xeito que a consola portátil de Sony conseguiría superar a barreira dos 1,2 millóns de unidades vendidas (a metade corresponderían ao mercado nipón) ao que habería que engadir a venda de 2 millóns de xogos (incluíndo descargables).
Non estamos ante un datos tan bos como podería parecer, posto que a meirande parte das vendas dos produtos do sector concéntranse no lanzamento (especialmente por vir precedidas de campañas de reservas acompañadas por promocións) e de botar a vista ao Xapón continuamos a ver como a PS Vita segue a perder vendas cada semana que pasa, non sendo capaz nin de superar á súa predecesora, a PSP.
De todos os xeitos, se comparamos o lanzamento da PS Vita en Occidente co da Nintendo 3DS, parece que a consola de Sony comportouse lixeiramente mellor (aínda que non é posible facer un contraste directo).
A PS Vita supera os 1,2 millóns de unidades vendidas a nivel mundial
Compartir Este Artigo
