O operador galego R adiantou esta semana unha serie de detalles concretos acerca das melloras anunciadas sobre os combos de residencial. Para comezar, a empresa sinala que as condicións dos combos superan con moito aos antigos, en primeiro lugar porque os clientes “sairán gañando en condicións de telefonía fixa e móbil”. No que atinxe ás velocidades ofrecidas de acceso á Rede, achegaranse tres paquetes: un de 100 mb con 10 de subida, un de 40 mb con 5 de subida e un de 15 con 1,5 de subida. A maiores, incorporarase nos combos o servizo de televisión con rebobina e vídeo á carta, o que entre outras cousas significa que os clientes terán unha xanela directa aos nos servizos que R vaia poñendo en xogo ao longo do ano.
No que respecta á telefonía móbil, de termos dúas liñas de móbil R con cota, poderemos gozar dos prezos dos novos combos coa promoción de oferta de benvida sen límite temporal. É dicir, que teremos promoción a réxime perpetua. Por outra banda, de contar cunha liña soa de móbilR con cota, seremos obxecto de dez euros de desconto no prezo final dos novos combos, nas mesmas condicións temporais có devandito.
R avanza detalles sobre os seus novos combos
Compartir Este Artigo
