Que WhatsApp está a roubar usuarios a milleiros ás mensaxes de texto no móbil é algo innegable, pero non tiñamos un xeito de coñecer a repercusión real que estaba a ter este xeito de comunicarnos a través de móbiles conectados á Internet, ata que mediante un hackeo conseguiuse comprobar que hai máis de 9,8 millóns de números de móbil rexistrados no servizo só en España.
Para realizar a conta simplemente verificáronse mediante forza bruta os rangos de números de teléfono móbil dispoñibles en España, e resulta especialmente destacable que conseguisen sumar preto de 10 millóns de usuarios só no noso Estado, deixando en evidencia que non estamos ante un fenómeno limitado a early adopters, senón a unha enorme masa de usuarios de dispositivos móbiles conectados.
A importancia de WhatsApp tamén ten serias repercusións económicas, e a consultora Ovum estima que a nivel mundial a redución da facturación por uso de SMS como consecuencia de WhatsApp sumaría uns 10.400 millóns de euros en 2011.
WhatsApp ten máis de 9,8 millóns de usuarios en España
Compartir Este Artigo

