
É dicir, a través del, EGANET achegará a súa colaboración e asesoramento tecnolóxico-dixital para fortalecer o labor de Implicad@s e, así, mellorar na medida do posible a situación da cidadanía en países en fase de desenvolvemento.
É nestes países, precisamente, onde Implicad@s leva a cabo o seu labor, agora reforzado grazas a EGANET para incrementar as competencias en materia de emprego das novas tecnoloxías e ferramentas das persoas que desenvolven o devandito labor. O convenio foi asinado por Víctor López, presidente de EGANET, e María Raimóndez, presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento. Segundo informa a asociación TIC, “ambas entidades colaborarán para optimizar os proxectos tecnolóxicos presentados pola ONG, idear e organizar novas accións que, a través das novas ferramentas, incidan positivamente no eido da cooperación e a igualdade de xénero, e divulgar entre as empresas socias os diversos proxectos que manan da ONG, abrindo así a posibilidade de implicación particular nos mesmos”.
No curso do establecemento oficial da alianza, ámbalas entidades fixeron fincapé nas cousas que teñen en común. Para EGANET, está claro que as dúas entidades traballan dende o noso país, apostando pola capacidade dos nosos profesionais e empresas e, tamén, polo coñecemento e participación xerado dende aquí. As dúas coinciden, tamén, no potencial da tecnoloxía ben empregada, precisa para facilitar o día a día de quen traballa no seo das organizacións e, sobre todo, da sociedade que se apoia nese traballo, “tanto aquí como noutros países con menos oportunidades”.
EGANET apoiará o labor da organización solidaria galega Implicad@s no Desenvolvemento
Compartir Este Artigo
