Para quen queira saber un pouco máis, dende unha óptica sindical galega, da reforma laboral que prepara o Goberno español, dicirlle que a CIG vén de pór en marchar unha completa páxina web, moi visual e clarificadora, sobre a devandita iniciativa acerca dos dereitos dos traballadores e as accións preparadas dende a nosa terra para contrarrestala. A web, máis que unha xanela para ver as cousas que se están a preparar dende a CIG de cara á folga, aínda que tamén, é un repaso polas orixes da dita reforma, o seu presente e as súas posibles repercusións.
Inclúe, con este fin, todo tipo de material informativo sobre a normativa, fotografías de diversos actos e novas, amais de seccións como a zona de descargas (onde podemos botar man de análises, avaliacións, convocatorias ou cartaces) e de preguntas frecuentes (onde se trata de resolver as nosas dúbidas respecto á nosa hipotética participación na vindeira convocatoria do día 29, laboralmente falando). Na sección de artigos recentes resúmese o percorrido inmediato da web e dos seus responsables: información sobre a reforma, manifestacións preparadas, seguimento e apoios á folga, posición da mocidade galega, razóns para unha convocatoria como esta, etc.
A CIG pon en marcha unha web para dar conta polo miúdo da reforma laboral
Compartir Este Artigo
