O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia de Santiago acolle o vindeiro 19 de abril, de 10.00 a 13.30 horas, unha xornada técnica sobre computación na nube e Windows Azure, a plataforma multiuso de Microsoft, dirixida a permitirnos acubillo de datos en liña, aplicacións e comunicacións de tipo profesional-empresarial. Organizado polo propio CNTG, dependente da Consellería de Traballo, artéllase en dúas partes. Na primeira, farase unha introdución ao concepto de nube: en que consiste, vantaxes, por qué agora e non hai 10 anos .. e unha explicación concreta dos servizos e potencialidade de Windows Azure.
A segunda parte da xornada, que durará arredor dos 100 minutos, terá un contido máis práctico e incluirá o desenvolvemento dunha pequena aplicación coa dita plataforma de Microsoft que amosará como se desenvolve en Azure con Visual Studio, cales son as ferramentas de depuración etc .. e que rematará coa presentación dunha serie de casos prácticos reais relacionados co xogo La Cura e a experiencia do pasado mundial de fútbol de Sudáfrica.
A xornada vai dirixida a desenvolvedores .NET, desenvolvedores/as interesados na temática que desexen coñecer o desenvolvemento de novas aplicacións ou migrar aplicacións xa existentes a esta solución, profesionais con coñecementos e/ou experiencia no desenvolvemento e aplicación de servizos web e, en xeral, profesionais interesados na temática.
Abrirá o evento José Manuel Alarcón da empresa galega Krasis, colaboradora habitual do CNTG na formación en solucións Microsoft e director do campus MVP, para, a seguir, intervir Antonio Gómez Pavón, Azure Product Manager de Microsoft.
A parte práctica da xornada corresponderá a Rodrigo Corral da empresa Plain Concepts
Para coñecer os contidos da xornada ou inscribirse cómpre comunicármonos co CNTG a través da súa ligazón específica.
O CNTG prepara unha xornada técnica sobre Windows Azure, o 19 de abril
Compartir Este Artigo
