
Todo isto propondo a cultura e a arte como unha vía fundamental de intervención e diálogo social, informan dende a Casa dos Poetas. O proxecto, nado en Galicia é segundo se nos conta dende Celanova o primeiro Festival Itinerante de Curtametraxes que se realiza na nosa Comunidade. Os organizadores buscarán completar o obxectivo de percorrer, no ano 2020, a distancia equivalente ao ecuador do planeta terra mediante a realización dos seus eventos en todo o territorio europeo (40.075,004km). Po iso o nome do mesmo, FIC 2020.
Así pois, ao longo do presente ano vaise poder asistir ao festival noutros puntos da xeografía galega como: Cambados, Gondomar, Nigrán, Cedeira, Rianxo, A Pobra…
O Festival de Curtametraxes dará comezo esta tarde tarde con tres sesións diferentes ás 19h, 20,30h e ás 22h e outras tres no mesmo horario o sábado 24. Cada sesión estará composta por 6 ou 7 curtametraxes e terán unha duración media de 1,10’.
Ao longo destes días poderanse ver tanto curtametraxes de artistas consagrados e noveles de diferentes xéneros e temáticas que buscarán compracer aos asistentes baixo un criterio de calidade, orixinalidade e independencia.
Toda a programación pódese consultar no blog do proxecto e no Facebook e Twitter de Nortcultura. O prezo das entradas é: 4 € para 1 sesión, 6 € para 2 sesións e 8 € para tres sesións. Pódense adquirir na recepción antes de cada sesión ou reservar entrando no Facebook de Nortcultura, onde se poden atopar ofertas e promocións
Chega a Celanova o festival itinerante de curtas FIC 2020
Compartir Este Artigo
