O Día das Letras Galegas xa se albisca ao lonxe e uns e outros xa imos pechando fileiras arredor desta celebración que nos implica a todas/os, teñamos o punto de vista ideolóxico que teñamos. Co fin de convocar á maior cantidade de xente na mobilización prevista para ese día, o 17, en Santiago, a plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, vén de pór en marcha unha iniciativa no Facebook.
A idea é favorecer que as persoas que teñen perfil nesta rede apoien e conviden a máis xente para que secunde a manifestación, unha convocatoria promovida xa por máis de 700 entidades. O chamamento é o seguinte: “Non deixes de secundalo e de convidar as túas amizades, no caso de teres perfil nesta rede social”. Por certo que no último plenario da plataforma a prol da lingua acordouse tamén promover o uso da etiqueta #17Mqueremosgalego desde a rede social Twitter. “Precisamos da axuda de todas e todos para conseguir que teña moita forza”, engaden dende Queremos Galego.
Iniciativas no Facebook e en Twitter para facer fronte común o 17 de maio arredor do galego
Compartir Este Artigo
