
Trátase de María Brión Dorca, que bateu o record do Telecentro da vila aprobando tódolos módulos dunha asentada e sen despeitearse.
Dende a web do Concello coruñés bromean coa coincidencia do apelido da examinada co da súa vila e escriben que “sen pretender restar méritos a María e ós seus coñecementos en Informática, o seu primeiro apelido puido actuar como un infalible amuleto, ou cando menos, ser premonitorio”.
“Bromas aparte”, engaden, dende InfoBrion felicitan a María e gaban a súa fazaña.
Unha amiense supera nunha soa sesión os sete módulos do ECDL
Compartir Este Artigo

