Novagalicia Banco está a organizar unha xornada orientada á seguridade informática que contará coa presenza de responsables de seguridade das máis importantes entidades financeiras do panorama nacional, como Bankinter, La Caixa, Oracle, Bankia e a propia NGB, entre outros.
A xornada, que leva por nome Xornada de Seguridade TI en Banca; confianza 2.0, celebrarase o vindeiro 12 de abril en Vigo, e para asistir é necesario terse rexistrado previamente.
Iso si, malia que o evento comeza ás 9:00, resérvase a xornada da mañá para as persoas convidadas, podendo asistir soamente á xornada da tarde que comeza a partir das 17:00 horas.
O programa inclúe a intervención de Roberto Baratta, de Novagalicia Banco; de Miguel Ángel Hervella, de Deutsche Bank; de Carlos Saiz, de ISMS Fórum, ou de Javier Fernández, de BT, entre outros, quen falará de cómo xestionar e asegurar a mobilidade nas contornas financeiras.
Para inscribirse é necesario cubrir un formulario co nome, apelidos, dirección de correo electrónico, empresa e cargo na empresa da persoa que quere asistir, entre outros datos menos relevantes, obtendo a resposta de NGB ao momento, confirmando ou denegando o acceso.
Ao finalizar o evento haberá un viño galego para tódalas persoas asistentes.
Novagalicia Banco prepara unha xornada de seguridade TI en banca
Compartir Este Artigo

