
O obxectivo deste centro é impulsar a formación dos traballadores, ocupados e desempregados, do sector TIC galego; así como poñer en valor a formación tecnolóxica especializada. Ademais, a súa oferta dota dun carácter social ás súas actividades ao permitir o acceso de balde a unha formación que, doutro modo, ben polo seu alto custo ou ben pola súa falta de oferta na comunidade autónoma ,non se podería impartir.
A meta das actividades é, polo tanto, a formación dun colectivo de profesionais expertos e altamente cualificados, o que redunda no que segundo Ana Días é unha “mellora da produtividade e capacidade competitiva das empresas e organizacións”.

Nos últimos catros anos, o centro realizou máis de 200 accións formativas. A porcentaxe de ocupación sobre as prazas ofertadas foi practicamente do 100% en todos eles e o alumnado que remata o curso que inicia acadou o 97,5%, proporción “importante e difícil de conseguir”, máis tendo en conta que o 2,5% que abandona o fai por atopar un traballo durante o curso ou por un proxecto na súa empresa que lle impide rematar a actividade formativa.
Durante estes catro anos, os cursos complementáronse con 52 xornadas e seminarios técnicos, cunha asistencia total por encimas das 4.500 persoas.
O CNTG formou a unhas tres mil persoas en 4 anos
Compartir Este Artigo
