O servizo de almacenamento en liña de Microsoft, SkyDrive, está a renovarse, converténdose nunha alternativa de peso a Dropbox e do posible Google Drive. No último ano o equipo de desenvolvemento do servizo centrouse na súa integración co futuro Windows 8 para permitir que cando saía o novo sistema operativo de Microsoft o seu servizo de almacenamento na nube poida a tender a moitos millóns de usuarios e dispositivos, pero agora mesmo xa está dispoñible mediante HTML5 e aplicacións móbiles, integrase co Office e aplicacións de terceiros e lévase especialmente ben con terminais con Windows Phone.

SkyDrive tamén estrea aplicación para Windows (Vista, 7 e 8) que facilita a súa integración no explorador de Windows e tamén conta cunha opción para acceder a ficheiros de xeito remoto, o que facilitará que dende un dispositivo móbil poidamos consultar un documento que teñamos no PC ou incluso ver un vídeo do mesmo de xeito remoto, sen precisar a súa sincronización previa con SkyDrive.
Actualmente Skydrive xa conta con aplicacións móbiles para Windows Phone, iPhone e iPad, e tamén pode empregarse dende Mac OS X 10.7 cunha nova aplicación en probas. Temos así unha excelente opción para gardar os nosos documentos na Internet que busca ser a máis avanzada da súa clase.
O almacenamento na nube de Microsoft incrementa as súas posibilidades
Compartir Este Artigo

