A plataforma de redes sociais profesionais LinkedIn actualizou hoxe as súa aplicacións móbiles, o que no caso da súa aplicación para iPhone ten especial relevancia por adaptarse a mesma tamén para iPad, creando unha experiencia de uso totalmente nos tablets de Apple, tirando proveito das súas capacidades multi-táctiles e da pantalla Retina do novo iPad.
A aplicación de LinkedIn para iPad desenvolveuse buscando unha experiencia atractiva, na que sexa doado ver a información máis importante ao logo do día, e destacando detalles de especial interese (como as persoas que cambiaron de traballo ou o que comparten os compañeiros de traballo).
Tamén inclúe unha sección de calendario na que figuran as xuntanzas dos nosos contactos, podendo integrarase a aplicación co calendario do iPad para enriquecer a información presentada.
Para facilitar a localización da información na aplicación, esta reparte os contidos en 3 grandes áreas: actualizacións, perfil e bandexa de entrada.
Aparte da aplicación para iPad, LinkedIn tamén estrea unha nova versión web optimizada para o navegador Safari do iPad.
LinkedIn adáptase ao iPad
Compartir Este Artigo

