Aínda que o servizo musical Spotify leva moito tempo dispoñible para iOS, a súa experiencia de uso estaba centrado no iPhone, o que resultaba frustrante para usuarios de iPad, o que veñen de solucionar coa versión 0.5.0 desta ferramenta que vén de publicarse hoxe na App Store e que, aparte de corrixir e mellorar distintos elementos, incorpora soporte para iPad, aproveitando incluso a pantalla Retina, o que facilita a navegación e exploración do catálogo de Spotify (con 18 millóns de temas), presentación do que está soando a pantalla completa e con cubertas en alta definición, busca por listaxes de reprodución, usuarios e música, descubrir a música máis popular, reprodución sen pausas e crossfade e integración con AirPlay.
Aínda que a aplicación de Spotify para iOS é de balde cómpre destacar que para utilizala é preciso contar cun acceso Premium ao servizo (pagando 9,99 euros/mes), sendo posible subscribir un período de proba de balde durante 30 días para coñecer a experiencia completa que ofrece Spotify.
As posibilidades de Spotify Premium no iPad vistas en vídeo
Spotify estrea aplicación para iPad
Compartir Este Artigo

