A empresa galega de electrónica de consumo Blusens está a dedicar os seus recursos de I+D+i na investigación de produtos conectados, de aí que decidise liderar o proxecto PLATINO (PLATaforma Independente Operativa para equipos de electrónica de consumo) contando coa colaboración de socios como as empresas galegas Igalia, Imation Innovation e Cinfo, a empresa Interoud Innovation, a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) e os centros tecnolóxicos das tres universidades galegas (MODESTYA, MADS e DASA).
Este proxecto busca desenvolver unha experiencia de usuario única que permite funcionalidades avanzadas como o control xestual ou facial, recomendadores de contidos e un contorno para que os usuarios poidan facer as súas aplicacións sen precisar de coñecementos técnicos, amais dunha experiencia multi dispositivo e multi pantalla.
Executarase dende o presente ano ata o 2014 e conta cun orzamento de 2.595.474 euros co financiamento parcial do Fondo FEDER-Interconecta, por estar considerado como proxecto estratéxico e innovador polo CDTI e a Xunta de Galicia.
O programa do proxecto enmárcase en 4 actividades: – Control, coordinación e difusión do proxecto – Especificación de requisitos – Deseño e desenvolvemento – Integración e probas
Blusens busca a innovación na electrónica de consumo a través do proxecto PLATINO
Compartir Este Artigo
