As tendas de aplicacións móbiles estrean hoxe unha interesante solución de navegación GPS, CoPilot GPS, que está dispoñible de balde na App Store e en Google Play, e destacando por poder funcionar fóra de liña e por adoptar un modelo de negocio freemium: a aplicación é de balde, pero para poder gozar dunha guía por voz completa, información sobre o tráfico ou de mapas 3D será preciso adquirir os contidos adicionais a través da aplicación móbil.
De xeito estándar CoPilot GPS ofrece mapas en 2D de NAVTEQ almacenados no móbil ou no tablets para o seu uso sen conexión, mapas de balde da rexión o país elixido, milleiros de puntos de interese integrados na aplicación, un planificador de rutas con optimización de itinerarios con varias paradas, rutas alternativas (ata 3 itinerarios por cada destino), opción de arrastrar e soltar unha ruta para configurala, modo peón (para cando vaiamos andando por unha cidade descoñecida), acceso a redes sociais (para poder compartir a nosa posición a través de Twitter e Facebook) e información local útil (recollida da Wikipedia e do buscador Bing).
CoPilot GPS ofrece navegación GPS de balde dende iOS e Android
Compartir Este Artigo

