Nokia comeza a distribuír hoxe en Francia, Alemaña, Italia, Rusia, Reino Unido e España a aplicación Nokia Reading, que está dispoñible para os móbiles Nokia Lumia 900, 800, 710 e 610 e achega a lectura aos dispositivos móbiles cun deseño atractivo e fortalecendo os servizos exclusivos para os seus clientes como Nokia Conducir e Nokia Música.
Inicialmente Nokia Reading fai doado atopar, mercar e ler libros na nosa propia lingua (aínda que a meirande parte do catálogo está en inglés), ofrecéndose tamén numerosos clásicos internacionais de balde.
Dende a aplicación contaremos con tipografías nítidas das que podemos mudar o seu tamaño para facilitar a súa lectura. Tamén conta con modo nocturno (que pon as páxinas en negro e as letras en branco para facilitar a súa lectura con pouca luz ambiental) e en futuras actualizacións permitirá acceder a audio libros e a fluxos de novas (de xeito que podería converterse nunha revista virtual de novas achegadas da Rede).
Nokia Reading leva a lectura á gama de smartphones Lumia
Compartir Este Artigo

