
Esta asociación, que dende a súa formación velou sempre por mellorar o rendemento das empresas TIC do país, sabe que este labor pasa por mellorar primeiro a capacitación de traballadores e empresarios tanto dende o punto de vista técnico como metodolóxico, algo que ten pensado levar a cabo no vindeiro curso formativo que vai celebrar en Vigo, e que impartirá a directora xeral de INEO, Lucía Gregorio.
Trátase dun Curso sobre Xeración de novos modelos de negocio para empresarios e traballadores do sector TIC, que se impartirá na sede de Ineo tódolos xoves do mes, entre as 18.00 e as 20:00 horas, e que dará comezo a partir do 24 de maio ata o 21 de xuño.
Tomando como referencia a metodoloxía do libro Xeración de modelos de negocio, de Alexander Osterwalder & Yves Pigneur, Lucía Gregorio achegará exemplos de metodoloxías que poden servirlle ás empresas “como base para analizar as súas estratexias de negocio actuais”, afirma, “o que lles permitirá crear novas maneiras de facer empresa para alcanzar e consolidar unha posición competitiva no mercado actual”, engade.
As sesións de formación están orientadas, sobre todo, a directores xerais e empresarios do sector TIC, así como a directivos de estratexia e CEOs.
O curso é de asistencia gratuíta para empresas socias de INEO e ten un custo de 120 €+ IVE para empresas non asociadas. As prazas son limitadas e a inscrición pode realizarse no teléfono 986 112 570 e a través do correo electrónico ineo@ineo.org.
INEO organiza un curso sobre Xeración de novos modelos de negocio no sector TIC
Compartir Este Artigo

