
Trátanse, todos eles, de eventos de referencia no mercado de solucións para o fogar baseados en servizos de telecomunicacións de banda larga, nos que Televés ten demostrada experiencia.
Segundo os responsables da firma galega, o éxito acadado nestas citas “supón un paso adiante na consolidación da marca Televés en Estados Unidos”, así como no Vello Continente, onde a feira Evolving Connectivity é un evento de referencia para o sector, envolto agora no debate que se está a xerar en torno ao dividendo dixital, é dicir, á inminente convivencia dos sinais dixitais de radio e televisión e os servizos de banda larga en mobilidade (LTE).
Entre os produtos presentados por Televés en Estados Unidos e Londres destacaron as cabeceiras de distribución T.0X, pola súa versatilidade e capacidade para integrar servizos de fibra óptica; o medidor de campo portátil H60, que entre outras moitas cousas, facilita amplamente o traballo dos instaladores de telecomunicacións; e o Coax Data, o adaptador híbrido que permite conectar diferentes dispositivos de banda ancha utilizando as redes eléctrica e coaxial.
A maiores, Televés aproveitou a cita londiniense para presentar un conxunto de solucións que melloran a recepción dos sinais de televisión dixital. Falamos de solucións etiquetadas co selo LTE Ready, que van dende filtros adaptados a diferentes frecuencias de corte, ata equipos de amplificación e distribución, pasando pola nova antena Innova BOSS, deseñada especificamente para o seu uso en interiores que incorpora a tecnoloxía Televés de axuste intelixente do sinal.
A avaliación do impacto que as emisións LTE terán sobre as transmisións de televisión dixital foi un dos principais temas de debate na Evolving Connectivity, un tema de rabiosa actualidade en Europa que non ha tardar en citar á compañía compostelá para presentar a súa visión e as súas solucións de recepción de sinal.
Televés reforza a súa marca no eido internacional coa participación en varias feiras de referencia
Compartir Este Artigo

