
A nova Compostela Capital Cultural permite estar en contacto máis directo coa cultura grazas á posibilidade de buscar información á carta, de recibir un newletter con novas personalizadas ou de crear arquivos en PDF coa información que se desexa conservar… e todo dende diversos dispositivos electrónicos e distintas plataformas virtuais.
A maiores, a web dispón agora dunha sala de prensa en liña que facilita o traballo dos profesionais da comunicación, na que se achegan recursos específicos e contidos de interese para os medios.
E todo isto cun aspecto visual moito máis atractivo para o internauta, no que se optou por cores, tipografías e botóns moito máis modernos, así como por contidos multimedia que lle dan moita máis espontaneidade e simultaneidade.
Os seus contidos son presentados de xeito que a navegabilidade responda aos criterios de simplicidade, axilidade e eficacia, segundo din os seus responsables, “esixidos polo conxunto de usuarios e usuarias”.
Os usuarios e usuarias do website poden acceder aos diferentes contidos seguindo distintas rutas: por orde cronolóxica (axenda); por eventos salientables (destacados); por ciclos, programas ou espazos concretos (banners), ou por preferencias temáticas e/ou de axenda (buscador). A partir desa selección, terán acceso a un primeiro nivel de información que pode ser debullada polo miúdo nun segundo nivel de información se así o desexan.
Adaptándose aos novos tempos e ás necesidades da audiencia, a nova web tamén participa das redes sociais, o que lle permite ás persoas usuarias compartir os contidos que lle interesen cos seus seguidores de Twitter ou amigos de Facebook, entre outras plataformas.
A Concellaría de Cultura de Compostela renova a súa web e incrementa a súa presenza nas redes sociais
Compartir Este Artigo

