Preto de 6.000 persoas visitaron a aula móbil do Roadshow Movistar Galicia no percorrido que levou a cabo entre febreiro e maio deste ano por 37 municipios galegos beneficiados polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.
Dotado con 18 postos con ordenador, o autobús do Roadshow Movistar Galicia, en marcha co obxectivo de trasladar á poboación rural as vantaxes e utilidades de internet para as xestións da vida cotiá, permitiu aos veciños dos concellos onde estivo presente participar en diversas demostracións nas que se ensinou. A aprendizaxe estivo en todo momento supervisada por persoal especializado de Telefónica.
O itinerario do autobús comezou a mediados de febreiro en Cambre e continuou despois en Outes, Betanzos, Coirós, A Capela, Abadín, Xove, Boborás, Amoeiro, Fisterra, Mazaricos, Cambados, Bande, Baños de Molgas, Muros, Lobeira, Sober, Ares, A Pastoriza, Pol, Cedeira, Cabanas, Narón, Tui, Mondariz, Salceda de Caselas, Ponteareas, Tomiño, O Rosal, Vilaboa, San Cibrao das Viñas, Rodeiro, Silleda, Abegondo, Lalín, Vilalba e Carballo.
O Roadshow Movistar recibiu a preto de 6 milleiros de persoas no seu percorrido por Galicia
Compartir Este Artigo
