Citroën vén de abrir as portas da súa cidade ecolóxica virtual, Ecocity. Foi o pasado 22 de maio cando se inauguraba a 5ª edición desta proposta que durará ata o 20 de xullo. Informar que a cidade pode visitarse (por primeira vez) dende smartphones a través dun enderezo web específico da Citroën, dende onde se poderán vivir 60 días de troula, premios, información e consellos medioambientais, todo coa posibilidade de ser compartido vía Twitter.
Asemade, só por rexistrase en Ecocity, as ecocidadás e os ecocidadáns formarán parte do sorteo de 3 fins de semana rurais para dúas persoas, colaborando amais na doazón dun cento de xoguetes á Fundación Götze (fundaciongotze.org): por cada 50 rexistros, Citroën doará un Scalextrix.
Os que se dispoñan a entrar en Ecocity poderán percorrer quilómetros -iso si, virtuais- no eléctrico da marca francesa (o Citroën C-Zero), e os 100 participantes que máis quilómetros sumen serán galardoados cunha camisola de algodón orgánico certificado, personalizada cun deseño elixido entre tod@s.
Outro dos puntos a salientar nesta “ecocidade” son os cheques agasallo de 50€ encamiñados a propietarios de vehículos Citroën cos que lle descontarán o dito importe nalgunhas das operacións de taller no seu Servizo Oficial, para isto terán que amorear puntos en varias seccións.
Por último, dicir que nesta 5ª edición de Ecocity haberá espazo para que as usuarias e os usuarios de Twitter acheguen consellos de cara a unhas vacacións ecolóxicas no chamado “Verán Zero”, un concurso no que se poderá gañar un reloxo deseñado por Citroën. Para participar abonda con deixar nesta rede social, ou en Ecocity, unha mensaxe con tres ideas de cara a un verán ecolóxico (cómpre incluír o hashtag #ecocitycitroen, e o contrasinal de Ecolega/ciudadano).
Citroën abre as portas do seu espazo urbano ecolóxico-virtual
Compartir Este Artigo
